Design Thinking. Guía de iniciación
O mundo está cheo de problemas que necesitan solución.Ante este panorama, a innovación xoga un papel fundamental na sociedade actual, pero non é...
Leer más...
O mundo está cheo de problemas que necesitan solución.Ante este panorama, a innovación xoga un papel fundamental na sociedade actual, pero non é suficiente para construír un mundo mellor.É necesario que as solucións innovadoras aos nosos problemas sexan tamén sustentables e aceptadas polas persoas, ademais de que sexan factibles tecnoloxicamente e viables economicamente.Creamos este manual co obxectivo de contribuír a fomentar unha actitude favorable á innovación responsable entre estudantes e profesionais relacionados dunha maneira ou outra coa innovación, e tamén para inspirar ao profesorado na implantación de metodoloxías e instrumentos de aprendizaxe co obxectivo de fomentar o traballo en equipo, a innovación e a creatividade centrada nas persoas.Por que Design Thinking? Trátase dunha metodoloxía pensada para propor solucións innovadoras ante calquera tipo de problema tendo en conta os tres aspectos clave da innovación citados, é dicir, a aceptación social, e a viabilidade económica e técnica.Foi concibida para animar ás persoas a explorar alternativas e crear solucións que non existían antes.Ademais, céntrase nas necesidades das persoas, facilitando a comprensión da súa contorna e da súa cultura.Con este manual pretendemos demostrar que os problemas aos que se ten que enfrontar a sociedade actual son máis facilmente abordables con Design Thinking.
Autor@: Fernández Iglesias, Manuel José
ISBN: 978-84-8158-846-0
No hay ejemplares en librería, te lo pedimos. Envío en 5/10 días (laborables - península)